español | português | mapa web |

O Proxecto Siefi

SIEFI: Sistema de Información Empresarial para o Fomento da Innovación

SIEFI (Sistema de Información Empresarial para o Fomento da Innovación) é un proxecto aprobado no marco de Interreg III A, orientado a desenvolver iniciativas que promovan o fomento da innovación no ámbito empresarial da eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.

A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia (Fundación Calidade), dependente da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, actúa como xefe de fila, contando coa colaboración de destacados socios da eurorrexión.

O proxecto pretende concienzar, difundir e orientar as empresas en accións que posibiliten a definición e implantación dunha cultura innovadora que sirva como eixo para definir novas liñas estratéxicas, para impulsar actuacións anticipativas fronte aos novos retos e para incrementar a produtividade a medio e longo prazo.

As súas actuacións contemplan accións orientadas a todos os sectores produtivos, e afondan especialmente nos sectores da automoción e da madeira.

Paralelamente busca contar cun completo mapa empresarial, con información integrada e consistente que ofreza resultados fiables.

O período de realización do proxecto comprende os anos 2006 e 2007.

Últimas accións

imagen
Xornada de presentación de resultados.
O día 29 de novembro de 2007 preséntanse os resultados do proxecto en Vigo, na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra, contando coa participación do director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Xunta de Galicia e de destacados representantes dos socios do proxecto.
imagen
Posta en marcha do sistema de información sobre innovación na eurorrexión.
Nestes días vense de poñer á disposición do público o sistema de información que permite consultar vía web os resultados das enquisas sobre o estado da innovación feitos na eurorrexión, e que pretende que unha organización empresarial poida contrastar a situación da innovación propia fronte á competencia.
imagen
Publicación dos informes sobre a situación da innovación na eurorrexión.
Durante o mes de novembro de 2007 publícanse os informes realizados polos socios do proxecto sobre a situación da innovación en Galicia (Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia), no norte de Portugal (BIC Minho), xunto aos orientados especificamente ao estudo da innovación no sector da Automoción (Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia) e Madeira (Clúster da Madeira de Galicia).
imagen
Última xuntanza de seguimento do proxecto.
Nas instalación do Centro para a Excelência e Inovação na Indústria do Automóvel, en Maia (Portugal), levouse a cabo en outubro de 2007 a última xuntanza de seguimento do proxecto SIEFI, nos que se acordaron as accións correspondentes aos derradeiros meses do proxecto.
imagen
O modelo de innovación: Unha contribución galega ao desenvolvemento da eurorrexión.
A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, desenvolve un modelo de innovación co obxectivo de caracterizar, de maneira concreta, os elementos que interveñen na implantación da innovación nas empresas da eurorrexión.
Inicio
InterregUnion Europea
Valid XHTML 1.0 Strict
SIEFI. Sistema de Información Empresarial para o Fomento da Innovación [info@siefi.org]