español | português | mapa web |

Obxectivos

O SIEFI ten como finalidade:

  • Ofrecer ao conxunto de empresas da eurorrexión unha serie de ferramentas e servizos que contribúan a orientar e facilitar a formulación de estratexias referentes á innovación, a súa implantación e xestión.
  • Mellorar os medios e a operatividade dos socios participantes para desenvolver mellor as súas tarefas como entidades xeradoras e dinamizadoras da cultura innovadora.
De xeito máis concreto, os obxectivos principais do proxecto son os seguintes:
Directorio empresarial
Directorio empresarial Dispoñer dun directorio empresarial fiable e unificado con datos das empresas da eurorrexión.
Modelo de innovación.
Modelo de innovación. Establecer un modelo de innovación axeitado á realidade da eurorrexión que permita definir os indicadores máis representativos relativos á innovación, á calidade e ao desenvolvemento tecnolóxico, e tamén avaliar a actividade innovadora no tecido empresarial.
Sistema de información.
Sistema de información. Crear un sistema de información que permita un acceso áxil á información relacionada coa innovación na eurorrexión e co directorio empresarial.
Rede de entidades.
Rede de entidades. Crear unha rede de entidades colaboradoras en materia de innovación.
Accións piloto.
Accións piloto. Desenvolver accións piloto que supoñan experiencias concretas de innovación empresarial.
Obxectivos


InterregUnion Europea
Valid XHTML 1.0 Strict
SIEFI. Sistema de Información Empresarial para o Fomento da Innovación [info@siefi.org]