As diversas fontes de datos empresariais existentes, en que a información normalmente aparece dispersa, con diferentes niveis de actualización e con datos orientados a finalidades moi concretas, dificultan enormemente a obtención de resultados fiables.
Un dos obxectivos do proxecto SIEFI é a creación dun directorio empresarial da eurorrexión que recolla os datos do máximo número de empresas, que integre de maneira fiable as diversas fontes existentes e que ofreza datos de caracterización das empresas, tanto xenéricos (identificación, situación, actividade, emprego, facturación etc.), como específicos (desenvolvemento tecnolóxico, calidade etc.).
Deste xeito pódese contar cun mapa empresarial, con información integrada e consistente que ofreza fiabilidade nos seus datos.
A Fundación Calidade é a responsable do directorio de empresas con actividade en Galicia, sendo o BIC Minho o encargado do directorio de empresas do norte de Portugal.
Directorio Empresarial de Galicia
A Fundación Calidade integrou os datos dunhas 150.000 empresas con actividade en Galicia, recollendo información de bases de datos empresariais, de certificacións de calidade, de provedores TIC, de laboratorios de ensaio etc.
Directorio Empresarial do norte de Portugal
O BIC Minho dispón de datos dunhas 80.000 empresas do norte de Portugal.