español | português | mapa web |

Modelo de innovación

Un dos principais obxectivos do proxecto SIEFI, era desenvolver un modelo de innovación orientado á realidade do tecido empresarial da eurorrexión.

Coa realización deste traballo, a Fundación Calidade proporciona un marco de referencia para o estudo dos factores fundamentais que afectan á implantación efectiva da innovación nas organizacións empresariais.

Esta actuación estivo motivada por varios obxectivos, sendo o principal o de contribuír á innovación nas organizacións empresariais, polo que non se trata só dun traballo teórico, senón que busca caracterizar os elementos implicados na innovación dun xeito concreto, para facilitar a súa detección, estudo e grao de aplicabilidade na empresa.

Co modelo proposto quérese achegar unha ferramenta de traballo aos responsables das empresas, que lles permita reflexionar sobre a importancia e a incidencia dos elementos estratéxicos relativos á innovación nas súas organizacións, e sobre como poden influír na sustentabilidade delas.


Os obxectivos concretos que se perseguen coa definición deste modelo son:

  • Dispoñer dun marco de referencia que facilite a análise dos distintos factores que é necesario ter en conta para estudar a innovación empresarial.
  • Facilitar a identificación dos principais elementos que constitúen un obstáculo para a innovación nas empresas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
  • Establecer un conxunto de indicadores e métricas para a catalogación e medición da actividade innovadora.
  • Facilitar a catalogación das actividades innovadoras por sectores.
  • Dispor dun marco conceptual para orientar os distintos traballos de campo e servir de referencia para o desenvolvemento do sistema de información de SIEFI.
  • Constituír un marco de referencia para facilitar a planificación e seguimento das accións emprendidas polas Administracións Públicas, relacionadas co fomento das actividades innovadoras.
modelo_innovacionModelo de innovación desenvolto no proxecto SIEFI

A Fundación Calidade desenvolveu un modelo de innovación para as empresas da eurorrexión coa finalidade de caracterizar os elementos concretos implicados na innovación.

A estrutura detallada do modelo, dos factores que o forman e dos indicadores resultantes encóntrase no documento “Informe SIEFI - A situación da innovación en Galicia”.

Modelo de innovación


InterregUnion Europea
Valid XHTML 1.0 Strict
SIEFI. Sistema de Información Empresarial para el Fomento de la Innovación [info@siefi.org]