Outras accións
O proxecto SIEFI supuxo tamén unha serie de accións encamiñadas a incrementar o coñecemento de técnicas e métodos relacionados coa xestión empresarial, co desenvolvemento tecnolóxico e co fomento da innovación nas organizacións empresariais, con especial atención ás PEME, que son a gran maioría na eurorrexión.
Contar coa participación de socios moi implantados na zona transfronteiriza, posibilitou a orientación das accións e a asistencia ás mesmas, a empresas da eurorrexión, contribuíndo deste xeito a unha verdadeira colaboración entre os axentes de Galicia e do norte de Portugal, que era tamén unha das finalidades do proxecto.
As principais accións céntranse en aspectos de divulgación, formación e informes complementarios ao proxecto.
Divulgación
Xornada sobre diagnose dos índices de I+D+i en Galicia
O IGE, xunto coa Universidade de Vigo e o Consello da Cultura Galega, e a colaboración da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, organizou esta xornada coa que pretende establecer uns novos indicadores de I+D+i en Galicia.
Constitución da Mesa da Innovación Interna no CMA.
No marco do proxecto SIEFI, o CMA constitúe unha mesa de traballo sobre a innovación, que, dada a súa importancia, actualmente está integrada nas accións periodicas da entidade.
Outras accións de promoción e divulgación do CMA
Estase a redatar un documento que recolle as restantes accións devenvoltas polo CMA para sensibilizar ao sector na importancia da innovación.
Xornada sobre “O proxecto SIEFI. A colaboración transfronteiriza a través de INTERREG e os fondos comunitarios”
Realizouse en Oporto, organizada pola CEP, e nela describiuse o proxecto SIEFI e tratouse a cooperación entre Galicia e o norte de Portugal, ademais de presentar outros proxectos de colaboración transfronteriza en que participa a CEP.
Xornada sobre “O aproveitamento na PEME dos novos programas de I+D+i”
A CEP organizou esta xornada coa finalidade de contribuír á difusión e coñecemento da nova liña de axudas á I+D+i convocadas tanto pola UE nos seus programas marco, como pola Consellería de Innovación e Industria no plan galego de I+D+i.
Xornada sobre “Axudas aos proxectos empresariais no plan galego de I+D+i”
Organizada pola CEP, nela tratáronse as convocatorias programas sectoriais, os criterios de avaliación e os préstamos Unipeme de colaboración en I+D+i.
Xornada sobre “Ferramentas de calidade: cara ao Lean Manufacturing”
Nas instalacións da CEP levouse a cabo esta xornada en que se fixo unha recensión histórica do Lean, falouse da súa necesidade, de conceptos e técnicas relacionadas, dos grupos autónomos de traballo con atención en el empowerment e da mellora continua.
Posto na “EMAF-EXPOSIÇÃO Internacional de Máquinas, Ferramenta e Accesorios”
A CEP contou cun posto nesta importante feira que tivo lugar en Oporto, aproveitando a oportunidade de difusión e comunicación que proporciona este evento de carácter bianual.
Formación
Servizo de formación en liña
Ao longo do desenvolvemento do proxecto, o CMA implantou un servizo de formación a través da rede, que abarcóu: Creación da plataforma de teleformación, que se integra coa páxina web da entidade, desenvolvemento de contidos sobre a temática da innovación, incluíndo o modelo SIEFI e impartición de tres edicións do curso.
Edición do curso e impresión en formado CD.
[+]
Creación dun centro web de información e asesoramento en materia de innovación no sector da madeira
O CMA desenvolveu unha plataforma telemática de servizos para as empresas en materia de innovación, que pretende cubrir os seguintes obxetivos: Sensibilizar ás empresas sobre a importancia da innovación como factor de competitividade, mellorar o proceso de innovación nas empresas da madeira en Galicia a través da subministración de información relevante e simplificar, aclarar e estruturar o concepto de innovación e o seu alcance nas empresas da Madeira.
Programa de cursos da CEP de fomento da innovación na PEME [outubro e novembro de 2006]
Novos enfoques na explotación da relación cos clientes, a xestión da seguridade da información, xestión e certificación de proxectos de I+D+i e como xestionar a innovación na empresa.
Programa de cursos da CEP de fomento da innovación na PEME [marzo e maio de 2007]
Protección e seguridade do software, ISO 27.001: xestión da seguridade da información, aproveitamento de internet na PEME aplicado á promoción, adaptación dunha empresa á Lei Orgánica de Protección de Datos, sinatura electrónica e certificado dixital, aproveitamento da WIFI na empresa e solucións informáticas para mellorar a competitividade da PEME.
Informes
Informes acerca da innovación do Bic Minho
O BIC Minho confeccionou, dentro do marco do SIEFI, catro informes/guías sobre varios temas relacionados coa innovación e o seu entorno: a innovación empresarial, a tranferencia tecnolóxica, a vixilancia tecnológica e a fiscalidade enfocada á innovación empresarial. A continuación móstranse os enlaces que permiten descargar as distintas guías.