O proxecto SIEFI desenvolve un modelo de innovación que propón a utilización duns indicadores co obxectivo de detectar os distintos factores que é necesario ter en conta para estudar a innovación empresarial e que permita aos responsables das empresas analizar a implantación da innovación nas súas organizacións.
Realizáronse tamén varias sondaxes para determinar a situación da innovación nas empresas da eurorrexión mediante a medición deses indicadores sobre mostras representativas do tecido empresarial. Isto permite que calquera empresa teña unha imaxe do seu posicionamento sobre a innovación, fronte ao resto delas.
Mais para achegar os resultados ás empresas e facer así realmente efectivos os obxectivos do proxecto, era necesario facilitar o acceso aos datos das enquisas, dunha maneira áxil e sinxela.
Nace deste xeito o sistema de información de SIEFI que, mediante o acceso a través da web e desenvolto sobre software libre, consta dunha ferramenta pública de consulta dos datos das sondaxes e de datos agregados dos directorios de Galicia e do norte de Portugal.
Permite tamén un sofisticado método de explotación de resultados para a obtención de datos sobre as empresas de Galicia.
Sistema de información sobre as sondaxes.
Ferramenta pública que permite acceder aos resultados das sondaxes e a datos agregados das empresas de Galicia e do norte de Portugal. Pode acceder á aplicación nesta ligazón.
Sistema de información sobre o directorio empresarial de Galicia (DEG).
Ferramenta de consulta vía web que permite obter resultados de empresas segundo diversos criterios: datos completos dunha empresa, información agrupada dun conxunto de empresas, datos agregados segundo distintos parámetros, datos evolutivos de empresas, capacidade de consultas que combinen condicións complexas de procura etc.