español | português | mapa web |

Situacion da innovación

O modelo empresarial actual recoñece a innovación como un elemento clave no aumento da competitividade, na mellora da produtividade e na sustentabilidade das organizacións empresariais, a medio e longo prazo.

Ao desenvolver o proxecto SIEFI, veuse necesario inicialmente aclarar o sentido da terminoloxía dunha maneira rigorosa –permitindo caracterizar o que se entende por innovación e diferenciándoa doutras actividades como a investigación e o desenvolvemento– concienciar as empresas na necesidade de implantala e orientalas nos elementos que permiten unha maneira axeitada de xestionala.

A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico
de Galicia, como xefe de filas do proxecto, desenvolve un modelo de innovación que pretende detectar os elementos que inciden fundamentalmente na creación dunha cultura innovadora nas empresas da eurorrexión, e propón unha reflexión aos responsables empresariais sobre a situación das súas empresas ante a incidencia e implantación deses elementos.

O proxecto pretendía tamén que calquera empresa da eurorrexión, puidera coñecer o seu posicionamento neses elementos relativos á innovación, ante a competencia e ante outras empresas que pode considerar como semellantes.

Para lograr este obxectivo do proxecto, era necesario realizar unha sondaxe entre as
empresas que, partindo dunha mostra representativa, medira a súa situación fronte aos indicadores do modelo de innovación.

A necesidade de obter unha visión integral da situación da innovación na eurorrexión, xunto ao obxectivo de dispoñer dun estudo máis específico para os sectores da automoción e da madeira, fixeron conveniente que a sondaxe sobre as empresas xenéricas de Galicia a fixera a propia Fundación Calidade; mentres que o Clúster da Madeira de Galicia (CMA) realizou a do sector da madeira, e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), a das empresas da automoción.

No norte de Portugal a enquisa foi realizada polo Business Innovation Centre do Minho
(BIC Minho), coa axuda dos socios sectoriais da Associação das Indústrias da Madeira e Mobiliário de Portugal (AIMMP) e o Centro para a Excelência e Inovação na Indústria do Automóvel (CEIIA).

Deste xeito, e coa inestimable colaboración das empresas que contestaron a enquisa, o proxecto ofrece un estudo da situación da innovación nas empresas da eurorrexión.


caracterizacion_innovacionCaracterización da innovación.
A Fundación Calidade ofrece un estudo que pretende caracterizar o que se entende por innovación, concienciar as empresas da eurorrexión na necesidade de implantala e orientalas nos elementos que permiten unha maneira axeitada de xestionala.

O estudo de caracterización da innovación encóntrase no documento “Informe SIEFI - A situación da innovación en Galicia”.


situacion_innovacionSituación da innovación en Galicia.
Os resultados da sondaxe sobre os elementos que forman o modelo de innovación proposto e realizado nas empresas xenéricas de Galicia pola Fundación Calidade, encóntrase tamén no documento “Informe SIEFI - A situación da innovación en Galicia”.


automocion_innovacionEstudo específico da innovación no sector da automoción.
Os resultados da sondaxe realizada no sector da automoción polo CTAG están no documento "Informe sectorial SIEFI - A situación da innovación no sector galego da automoción".


madera_innovacionEstudo específico da innovación no sector da madeira.
Nas empresas do sector da madeira a sondaxe foi efectuado polo CMA e os seus resultados están no documento "Informe sectorial SIEFI - A situación da innovación no sector galego da madeira".


portugal_innovacionA innovación no norte de Portugal.
Nas empresas do norte de Portugal fíxose unha única enquisa polo BIC Minho, incluíndo as empresas da automoción e da madeira, e contando coa axuda do CEIIA e a AIMMP. Os resultados da mesma reflíctense no documento "Informe SIEFI - A situación da innovación en Portugal"

Situación da innovación


InterregUnion Europea
Valid XHTML 1.0 Strict
SIEFI. Sistema de Información Empresarial para el Fomento de la Innovación [info@siefi.org]